Publicacións

NO ROSAL ELABÓRASE UN ZUME DE MAZÁ 100% ECOLÓXICO

Imaxe
No 2014 catro empresarios do Baixo Miño inician un proxecto de cultivo de 2 Hc. de aguacate e 15 Hc. e mazá autóctona e asturiana. Dende hai un par de anos ecomenzaron a este "Zumiño", zume de mazá totalmente natural e ecolóxico galego.      Produto de gran calidade que marca notablemente a peculiaridade dun produto autóctono pola insaciable acidez que o caracterizan as variedades propias que o compoñen.   A vosa disposición na Tenda da Loura.                                                                                                       

ESTO VAI POR TI...

Imaxe
Nós sen sabelo, o noso fillo Bieito, fixo como traballo de fin de curso daquel fatídico 2019, un blog baseado na actividade da Tenda de Loura. Despois de ir acumulado moitísmas forzas continuaremos este gran traballo e, que mellor día, o 22 de decembro do 2020, día no que cumpriría 19 anos. Todo o publicado antes do presente blog, manterase intacto xa que forma parte da creación do nóso fillo, irmán, sobriño, neto, afillado e amigo, según o caso. . Esto vai por ti. Sabemos que sigues con nós...

FESTA DO CHOCO

Imaxe
Especial Festa do choco!! Xa temos os chocos listos para as esquisitas empanadas que o noso forno de Merza (Viladecruces) prepara, dun xeito tradicional, en forno de leña. RESERVAS 986 400 460 #Galizacalidade   #atendadaloura   #galiciacalidade #productosconalma   #redondela   #mercaenredondela #mercadolocal   #turismoenredondela #somosgalegos

CATA: VIÑOS DE FURANCHO

Imaxe
Por vós!! “Sobraron as palabras”. Os únicos que falaron esta pasada noite foron os viños. Elegancia e finura repartida entre o mestura branco “Otero”, e acabando co impresionate “Puto Caíño”. Entre medias albariños 100%, espectacular tinto caíño e merenzao, “A Toxeira” así como mencía, cabernet sauvignon... e ata un doce!! “O Moncho do Tarrastal”. Afortunados nós por acoller a estes dous fenómenos que, seguro, marcarán un antes e un despois dos viños que se poden facer en Redondela. Moitas grazas Xurxo e Lubis, vémonos no furancho.

BACALLAO

Imaxe
Estamos a desalgar unhas postiñas deste bacallao para este fin de semana. Qué vos parece? # Galizacalidade # atendadaloura # galiciacalidade # productosconalma # redondela # mercaenredondela # mercadolocal # turismoenredondela # somosgalegos

PIMENTÓN DE PADRÓN

Imaxe
Según a história, un dos pementóns con mais antiguedade da península. Producido e prepapado 100% na Galiza. # Galizacalidade # atendadaloura # galiciacalidade # productosconalma # redondela # mercaenredondela # mercadolocal # turismoenredondela # somosgalegos