CATA: VIÑOS DE FURANCHO
Por vós!! “Sobraron as palabras”. Os únicos que falaron esta pasada
noite foron os viños. Elegancia e finura repartida entre o mestura
branco “Otero”, e acabando co impresionate “Puto Caíño”. Entre medias
albariños 100%, espectacular tinto caíño e merenzao, “A Toxeira” así
como mencía, cabernet sauvignon... e ata un doce!! “O Moncho do
Tarrastal”. Afortunados nós por acoller a estes dous fenómenos que,
seguro, marcarán un antes e un despois dos viños que se poden facer en
Redondela. Moitas grazas Xurxo e Lubis, vémonos no furancho.
Comentarios
Publicar un comentario