CATAS


Por primeira vez facemos un evento un Venres!!! Nesta ocasión temos a oportunidade de coñecer o viños de José A. Canda Gil, adega Terras do Sur, o mesmo que poder degustar as esquixitas conservas da man de Conservas Mareterra Deluque. Proxectos innovadores e moi curiosos, que nos farán descubrir un pouco máis, o nóso potencial gastronómico.
Prezo persoa: 20,0€
Prazas limitadas.


Por vós!! “Sobraron as palabras”. Os únicos que falaron esta pasada noite foron os viños. Elegancia e finura repartida entre o mestura branco “Otero”, e acabando co impresionate “Puto Caíño”. Entre medias albariños 100%, espectacular tinto caíño e merenzao, “A Toxeira” así como mencía, cabernet sauvignon... e ata un doce!! “O Moncho do Tarrastal”. Afortunados nós por acoller a estes dous fenómenos que, seguro, marcarán un antes e un despois dos viños que se poden facer en Redondela. Moitas grazas Xurxo e Lubis, vémonos no furancho.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

ESTO VAI POR TI...

CATA: VIÑOS DE FURANCHO

PIMENTÓN DE PADRÓN